Inicio >> BOOKCROSSING

Galego | Español

BOOKCROSSING

Fai circular os teus libros

Bookcrossing na Biblioteca

Ver imaxe

Ver imaxe

Ver imaxe

Ver imaxe

Ver imaxe

A Biblioteca apúntase ao BOOKCROSSING

Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2013, a Biblioteca sumouse á iniciativa de fomento da lectura “BookCrossing” promovida pola OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) e GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), inscribíndose como ZONA OFICIAL na devandita Rede internacional. A partir dese momento os nenos, mozos e calquera afeccionado á literatura poderán utilizar este espazo  para a liberación de libros.

BookCrossing é unha organización nada en EE.UU. co obxectivo de "facer do mundo unha gran biblioteca". Para iso utiliza métodos moi variados e, entre eles: "liberamos libros na rúa e en lugares públicos". Como as bibliotecas deben estar ben organizadas, a cada libro asígnaselle un número de rexistro propio (BCID) identificable a través da colocación dunha etiqueta no momento da súa liberación, o que permite realizar un seguimento dos mesmos, e que quen os atopen poidan explicarnos onde e como se produciu o achado, a súa impresión sobre os mesmos, etc.  Só hai que entrar na web oficial http://www.bookcrossing.spain.org e facer un comentario.

ACTIVIDADES DE BOOKCROSSING NA BIBLIOTECA
Todos os anos realizaremos unha liberación masiva de libros durante os meses de abril, maio e outubro, coincidindo con 4 datas sinaladas:

              . 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
              . 23 de abril, Día Internacional do Libro
              . 17 de maio, Día dás Letras Galegas

              . 24 de outubro, Día Internacional das Bibliotecas

    * Recolleremos os libros de literatura infantil e xuvenil que queirades doarnos, aos que engadiremos exemplares duplicados da biblioteca. Esperámosvos ás 12 da mañá e ás 5 da tarde.

    * Ensinaremos as "3 erres" de BookCrossing:

              . Read (Le) un bo libro (iso xa sabes facelo)
              . Register (Rexístrao) (xunto cos teus comentarios no diario), consegue un BCID (Número de Identificación BookCrossing), e etiqueta o libro.
              . Release (Libérao) para que o lea alguén máis (tráeo á Biblioteca, dállo a un amigo, déixao nun banco do parque, dóao á caridade, "esquéceo" nunha cafetaría, etc.),   E se escribes Notas de Liberación sobre o libro, outros poden Ir de Caza e tentar atopalo!

Se che gusta o que liches até agora de BookCrossing e queres compartir algúns dos teus libros co mundo e seguirlles a pista para sempre, por favor, dedícalle un minutiño e métete en http://www.bookcrossing.spain.org/

 

Facebook da Biblioteca GarcésTwitterBlog dos Clubs de lecturaBloggit: blog da sala infantil-xuvenilBookcrossingcemit
XUNTA DE GALICIA. Consellería de Cultura e Deporte