|
|
|
OBRADOIRO LITERARIO POR EMMA PEDREIRA Obradoiro literario dirixido pola coruñesa Enma Pedreira Lombardía, licenciada en filoloxía hispánica con ampla experiencia en talleres literarios. Unha das poetas máis prolíficas e premiadas da xeración dos 90, autora tamén de narrativa e outras obras colectivas. PROGRAMA : Obradoiro da escrita creativa con xogos de lectura e escrita lúdica. Lectura, análise e interpretación de textos. Retórica e figuras literarias. Exposición de textos creados in situ (haikus, cadaver exquisito, poemas visuais, caligramas). Ler e recitar. Datas: os xoves 9, 16, 23 e 30 de maio e 6, 13 e 20 de xuño, de 16.45 a 18.45 h ver calendarioDestinatarios e prazas: maiores de 18 anos. 20 prazas. Terán preferencia os socios da biblioteca. INFORMACIÓN na propia Biblioteca, chamando ao tel. 981 170218 ou enviando un c. electrónico a bppmgonzalezgarces@xunta.es. INSCRICIÓN: de forma presencial no mostrador da entrada (planta baixa) ou cubrindo unha solicitude, exclusivamente a partir do martes 23 de abril ás 10 h, ata o domingo 5 de maio ás 24 h. Cada persoa só pode cubrir unha solicitude. A adxudicación de prazas pode ser: . Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles. . Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. Só nos poñeremos en contacto coas persoas admitidas. |