Letras Vivas Mais Libros - Plan Galego de Lectura
Rede de Bibliotecas de Galicia
         
O PROGRAMA LETRAS VIVAS É UNHA INICIATIVA DIRIXIDA A APOIAR O ESFORZO QUE A PROL DO FOMENTO DA LECTURA E O LIBRO GALEGO REALIZAN DIVERSOS AXENTES TANTO INSTITUCIONAIS COMO SOCIAIS. O XEITO DE FACELO É PROPICIAR QUE AS BIBLIOTECAS PÚBLICAS, OS CENTROS DE ENSINO, OS CENTROS CULTURAIS E AS ASOCIACIÓNS CIDADÁS POIDAN ELABORAR PROGRAMACIÓNS ANUAIS ESTABLES DE FOMENTO DA LECTURA E PROMOCIÓN DOS CREADORES E CREADORAS.

para iso a Consellería de Cultura e Turismo pon ao dispor destes axentes un extenso catálogo de profesionais e actividades en permanente actualización, ademais de colaboración económica para levar adiante esas programacións.

iniciou a sua andaina no ano 2008 ao abeiro doutras medidas de caracter xeral, como o desenvolvemento da lei do libro e da lectura de galicia ou o deseño e posta en marcha do plan de lectura 2007/2011.

Un ano despois da súa posta en marcha, os resultados animan a consolidar esta liña de traballo. Por iso desde a Consellaría se aposta por un reforzamento do programa que incida no aumento da súa difusión entre os distintos axentes beneficiarios.
Letras Vivas