
Como se desenvolve?
Desde a Dirección Xeral de Políticas Culturais ábrese unha convocatoria pública para acoller a proposta de actividades de dinamización da lectura de profesionais ou colectivos con experiencia neste ámbito que desexen participar no programa. Os interesados en ofrecer as súas propostas deben enviar unha descrición detallada destas, de acordo coas características esixidas na convocatoria.
A partir do banco de propostas, constrúese o catálogo de actividades para 2019 do programa Ler conta moito cunha selección das actividades consideradas máis axeitadas para os obxectivos e requirimentos do programa.
Todas as bibliotecas públicas integrantes da Rede de Bibliotecas de Galicia que desexen desenvolver actividades de fomento da lectura poden acollerse a este programa, no que cofinanciarán o 25% do custo de cada actividade.
As convocatorias e as bases para participar publícanse no portal da Rede de Bibliotecas de Galicia https://rbgalicia.xunta.gal, ademais de se dar a coƱecer a través dos medios de comunicación.
O calendario de actividades actualízase permanentemente no web da Rede de Bibliotecas de Galicia, no Portal de Cultura da Consellería de Cultura e Turismo e no propio blog do programa Ler conta moito, na procura da maior difusión entre a cidadanía. O acceso ás actividades é aberto e gratuíto para os participantes nas actividades, malia que algunhas delas requiren inscrición previa, por motivos de organización.