
Que se pretende?
Ler conta moito ten como obxectivo xeral animar á lectura a través do desenvolvemento de accións atractivas vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento a ese mundo completo que poden atopar nos espazos bibliotecarios, tanto a través dos libros coma a través dos materiais audiovisuais e informativos que conforman os fondos das bibliotecas.
Con esta programación preténdese:
- Fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interese polo que esta pode ofrecer.
- Fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.
- Consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade.
- Promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo.
- Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.