
Quen o promove?
Ler conta moito é un programa promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo (Xunta de Galicia), que financia o 75% dos custos das actividades programadas. As entidades locais con bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia que se adhiren a este programa cofinancian o 25% restante destes custos.