Inicio >> Axenda

Galego | Español

  Evento

Presentación do Caderno Ramón Piñeiro XXV - Roberto Vidal Bolaño. Escritos sobre teatro

Atrás

Martes 28 de maio •  Presentación do Caderno Ramón Piñeiro XXV - Roberto Vidal Bolaño. Escritos sobre teatro

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Centro Ramón Piñerio para a Investigación en Humanidades presentan o seu Caderno Ramón Piñeiro XXV titulado "Roberto Vidal Bolaño. Escritos sobre teatro" en conmemoración ao autor ao que está adicado o Día das Letras Galegas deste ano.

O acto vai ser conducido polo Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García.

A mesa estará presidida por 5 membros: D. Valentín García (Secretario xeral), D. Manuel Quintáns (Profesor e crítico teatral), D. Manuel González (Director científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), D. Luís Alonso Girgado (Investigador e codirector dos Cadernos Ramón Piñeiro) e D. Luís Cochón (Investigador e codirector dos Cadernos R. P.)

Lugar: Salón de Actos, ás 12:00 h.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

 

FacebookTwitterPinterestYoutubeCalameo
XUNTA DE GALICIA. Consellería de Cultura e Deporte